viernes, 16 de septiembre de 2011


Quedan tantas cousas por dicir... e sen embargo, os días pasan e un silencio sepulcral de berros que non din nada invade cada rincón do meu destrozado corazón. Recordas que queríamos ser cando nos coñecemos? Oxalá quedara algo daquela ilusión por sentir, por vivir...Oxalá poideramos volver a crer en algo. Volver a sentirnos alguén. Ser alguén fóra destas catro paredes que se derruban por momentos. Pero pérdome. Pérdote. Perdémonos. Un cúmulo de dúbidas arredor do único gran paso que din en toda unha vida de intentos frustrados. Ese gran paso que agora me fai tremer, perder o equilibrio, tatexar... que me deixa paralizada e vulnerable ante un pasado que recordo como perfecto, un presente de noites en vela e soños que se esfuman e un futuro que non sei construír. Ese gran paso que agora me fai tremer cada vez que me miras, que me rozas cos teus dedos. Cada vez que me prometes a lúa aínda sabendo que a lúa non é nada para min cando me bicas cos teus olliños de mel. Xa sabes...incluso a lúa me sabe a pouco. E ti, mentras tanto, como se nada. Vivindo ao día, sen deixar sinais. Rompendo a copa donde deixamos gran parte das nosas ilusións. Maldicindo ao pasado. Malvivindo o presente. Postergando o futuro. Mírote, buscando nos teus ollos a primavera e só consigo o frío deses invernos que acaban facéndose demasiado longos, demasiado grises. Non podo. Sigues obviando un amor que se desmorona a cada segundo, obviando as nosas lembranzas. Deixándome desamparada, cos meus incertos intentos de atopar a melodía. Desexando o paso dos días, idealizando e temendo os días que virán e intentando curar as feridas vitalicias duns días que xa foron e que nunca poderemos recuperar. Perdendo os zapatos en cada tentativa de pisar máis forte. Sen saber que dicir(che). Tanteando eses camiños que din que é mellor percorrer descalzo. E curándome as feridas co veleno da túa voz ao outro lado do teléfono. Morrer un pouco con tanto silencio. Os teus ollos mirando o teito. Medo á oscuridade.

sábado, 29 de enero de 2011

Es mejor quemarse que apagarse lentamente.


Un cigarro tras outro, as esperanzas van caendo en picado e o branco do papel tornase cada vez máis branco. Un montón de historias desexando saír sen saber moi ben cómo...onde, cando, porqué... Ti nunca serás tan fermosa como hoxe, e cicais eu, non volva a mirarte así, a verte así. Unha liña vertical fai volver á esperanza. Pero pouco dura, porque o bo das cousas boas é que duran tan pouco que non nos da tempo a acostumarnos a elas. Por iso a felicidade sempre parece algo novo, distinto, especial...Ti xa non es tan espectacular como creímos, e eu, xa non atopo a maneira de reconciliarme comigo mesma (nin contigo). Autoconvencerme. Autoinmolarme. Non te enganes. O que fuches está pasado. Agora eres o que eres, e de pouco serve, poñerse o difraz de asasino se nunca pretendiches matar. É o mesmo, pero non vou dicir moito máis. Non ten sentido vivir para o pasado. Cada caída é un paso hacia o seguinte nivel. Xa non podes facer trampas. Nin resignarte. Hai que mirar para diante, aínda que tembles de vértigo, medo, e ganas de volver caer. A única persoa que pode facerche sentir especial, eres ti mesma. Os demais sempre estiveron demais.


Miras esa foto de novo, acendes outro cigarro, buscando quen sabe se perderte entre o seu fume, ou arder con el.