miércoles, 7 de octubre de 2009

Unha noite máis

Romper a copa dos teus soños bonitos comigo. Sentirme culpable ata o punto de crer que non me merezo nada. Querer ata perder os papeis. Perder os papeis unha vez máis despois de xurar e perxurar que non o volverei facer. Non atopar a saída. Non querer saír. As noites son moi frías. Os invernos moi longos. Cambiar por fóra para finxir cambiar por dentro. Non quero seguir finxindo. Isto non está ben. Estou cansada de ter que inventarme excusas. Non deberían facer falta. Estar completa e problematicamente engachada ao pasado. O pasado é unha droga. É peor que o cabalo. Tamén esixe adicación absoluta. Teño que rematar dunha vez con esta puta adicción. Pasarei o mono como poida. Un pouco de música, amigos, anestesia para a dor, ilusións...Que será delas? Fai tempo que non me visitan. Extrañoas. E a ti tamén. Por que non podo dicircho? Por que é máis fácil dicir "adeus" que "quérote"? Por que somos tan soberanamente gilipollas? Joder, co ben que se nos da querernos deberían financiarnos estar xuntos...Non cres? Non, non o cres. Algún día darasme a razón. Isto é insostible. Tan só vou deixando mostras inexactas de que existo...e a veces nin iso. De verdade, meu neno, que a veces nin iso. Feridas vitalicias sen memoria. Bicos que envelenan... Soñaaar. Voaaar. Se te vas, vou contigo... Tremer. Perder. Volver. Depender. Gañar. Unha noite máis.

1 comentario:

  1. Cuánta razón tienes con lo del pasado, puño. Hay que intentar desintoxicarse y coger mejores hábitos, como mirar al presente. We can do it! Amor, Roma.

    ResponderEliminar