martes, 6 de octubre de 2009

É unha noite como moitas. Coa ventá do meu cuarto aberta para escoitar o máxico bater da choiva contra as frías rúas compostelás. O cinceiro cheo de cigarros e a música soando tratando de evadirme de todo. Isto non leva a ningures. É de madrugada e estou a escribir nun blog perdido pola rede, lonxe do ruidoso mundo das críticas e os "tes que saír adiante". O teléfono lonxe de min non volveu soar. Estou demasiado lonxe da casa como para lembrar quen son. Este non é ese lugar onde me todo o mundo é feliz e as cousas saen ben. Non, non o é. Pero basta de lamentos...é mellor camiñar. Hacia donde?quen sabe. Aínda quero que volvas. Aínda non te fuches. Notote aquí, ao meu carón, coidando de min. Agora que non hai quen o faga deixome en mans da autodestrucción. Días sen probar bocado, noites en vela sen amencer, tardes sobre tí e para tí. Sabes? Eu tamén escribo cando estou moi jodida. Fai tempo que me esquecín de porqué estou aquí e aínda fai moito máis que me olvidei da miña vida antes de ti. Hoxe volvín escoitar todas esas cancións que escoitaba antes de que me amases como se o mundo se fose acabar mañá, pero xa non din o mesmo. Agora soan mal. Agora fanme chorar. Antes dabanme forzas. Cicais xa non queda lugar para os soños dentro de min. Cicais agora intento simplemente non pensar. Pero non é fácil. Sei que teño que ser feliz, para que ti poidas ver algo bo en min, pero cústame respirar dende que non te preocupas por min. Non deberíamos ter que finxir. Todo debería ser moito máis fácil e sen embargo cada vez que te vexo sinto que todo é máis complicado. Non quero ser máis egoísta contigo. Sigo presa polos meus pecados. Necesito mandar todo ao inferno. Necesito que me abraces, que me toques a cara e que me digas que todo vai estar ben, que ti vas estar aí. Seino. Seino. pero necesito que mo digas. Necesito que me perdoes. Necesito confiar en alguén. Vén á sombra, que eu esperote. Esta profunda e forte dor no peito non me deixa respirar. Xa non me queda paciencia. Xa non me quedan ás para volar. Como queres que escriba algo bonito de verdade se xa perdín a ambición? Non teño ganas de seguir. Non sen ti. Isto é moi semellante a saír do manicomio para acabar nun panteón. Si, esaxero. Probablemente esaxero. Soño que comeza outra canción. Pero non é a mesma. Sempre é a mesma e sempre fala de ti. Aínda hoxe me pregunto que coño terás que fai que non te poida arrancar de min... Equivoqueime outra vez. Perdínte por pensar que te tiña, pero perdínte? Teñoo todo a medio facer e pregúntome se cicais mañá... Si, mañá si. Como podo dubidalo? Non podo. Ti segues sendo o que fai que estremeza con só unha mirada. O que fai que trema, que ria, que chore, que sinta, que odie, que desespere, que teña esperanza... Joder, ti segues a darme a vida aínda cando ma queres quitar. Ven, que eu espérote. Aínda que nunca leas isto ou ainda que o leas e non sintas nada. Nin frío nin calor. Sei que podo volver namorarte. Volver? Joder, tanta indecisión acabará por volverme tola. Non ves que non podo facelo peor? Tiven tanto medo a perderte que te perdín. Non son eu. Mintoche. Calo e mintoche. Xogo a dicirche a verdade e mintoche...Digoche que xa non te espero e mintoche. Digoche que non che volvo a mentir e mintesme ti. Non hai luz se non estás ti. Necesito un pouco de anestesia. Xa non me gusta este lugar. Oigo que volves e xa non vexo. Non me vexo os pés. Devolveme o momento. Véndome só por un bico. Vivo da necesidade. Paso tódalas noites coas estrelas. Vivo da intensidade dun momento que xa foi... e que volverá. Ten que volver. Mira, de repente sae unha luz. Deixo de poñer os pés no chan por un instante e síntome mellor. Sei que podo dicirche que xa é tarde e ti saberás que estou dicindoche que te quero. Que máis queres? Non hai nada máis. É todo canto hai que aprender nesta vida. E eu xa o aprendín, pero fállame a paciencia. Teño présa e riome moi pouco. Son eu, meu neno. Son eu. Estarei aquí cando volvas a lembralo. Hoxe volvo deitarme sen un "quérote" ao outro lado do teléfono e pensando que ninguén me espera no meu lar, máis esta noite deixarei a ventá aberta por se a ilusión decide volver entrar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario